TRATAMIENTO DE ULCERAS POR PRESIÓN
REALIZACIÓN DUNHA CURA DE ÚLCERA POR PRESIÓN:
Primeiro preparamos o material necesario
O material colócase nun carro de curas e o auxiliar transporta este ao cuarto do paciente
O auxiliar encárgase de dar o material á enfermeira
A enfermeira descobre a ferida, despois de observar o apósito e tiralo o lixo.
A enfermeira unha vez realizado un lavado de mans colócase uns luva estériles e pide un pano de campo á auxiliar, esta abre a bolsa estéril que o contén
A enfermeira colle o pano de campo e colócao sobre a ferida, non manipulando este por debaixo xa que existe risco de contaminación
O auxiliar abre unha bolsa estéril con instrumental para facer unha cura
A enfermeira abre a segunda bolsa e cunha pinza de disección do seu interior extrae a pinza de mosquito.
O auxiliar dálle unha gasa estéril para que prepare unha torunda, unha vez preparada o auxiliar móllaa con soro fisiolóxico e a enfermeira limpa a ferida con movementos circulares de dentro cara a fóra cambiando a torunda e limpando as veces que sexa necesario. Outra técnica é a de varrido que consiste en botar soro sobre a ferida e arrastrar coa torunda a sucidade cara a unha zona afastada da ferida
Unha vez limpa colócase un apósito ou pomada se fose necesario.
Colócase unha gasa estéril utilizando unhas pinzas e tápase a ferida, colócase unha segunda gasa que xa podemos manipular coas mans e colocámola enriba da primeira ben estirada.
Quita o pano de campo con coidado e dáselle á auxiliar que o depositará no lixo.
Pídese esparadrapo á auxiliar e procederase a tapar a ferida.
0 comentarios